Malia ser un dos grandes entre os mestres da narrativa moderna e contemporánea, o escritor, ensaísta, crítico e tradutor francés Marcel Schwob (1867-1905), asociado co simbolismo, segue a ser moi descoñecido. No ano 1891 Marcel coñeceu a Louise, unha obreira e prostituta de vinte e tres anos que morrería dous anos despois por mor da tuberculose. O pasamento do seu amor sumiu a Schwob na absoluta desesperación, e, secasí, foi quen de sublimar a vida daquela “muller-nena” transformándoa na protagonista d’O libro de Monelle, unha obra que ata o de agora nunca vira a luz en galego. En tradución de Xoán Abeleira.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.