Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fátima, ornitóloga na universidade de Cornell, rexeita participar na busca por considerar imposible a súa localización. Porén, a mensaxe da antiga amante impúlsaa a viaxar ata Lisboa. Alí visita unha exposición fotográfica en cuxas imaxes cre recoñecer a Sofía.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.