“O lapis do carpinteiro” é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. “O lapis do carpinteiro” é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.
O lapis do carpinteiro

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Manuel Rivas
ISBN: 9788483022610
Edición: 1ª. ed. 16ª. imp.
Páginas: 160
19,50 €
2 dispoñibles
Sé o primero en valorar “O lapis do carpinteiro” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.