A innovación, necesaria e non exenta de controversia, para os “crecentistas” é necesaria como motor para acadar o crecemento económico. Nun contexto institucional dominado pola ideoloxía neoliberal, que persigue as coñecidas como políticas de austeridade e dos recortes orzamentarios no sector público, os territorios menos desenvolvidos tecnoloxicamente e con tecidos industriais máis febles precisan da firme intervención pública para fomentar a innovación empresarial. Nesta obra abórdase o problema da planificación e execución orzamentaria das políticas para fomentar a innovación en Galicia, ofrecendo unha interpretación desde unha perspectiva sistémica e posibles alternativas cara ao futuro.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.