Sylvanus Heythorp, cuxas empresas se atopan na bancarrota, pasa os derradeiros días da súa axitada vida centrado en asegurarlles un futuro á súa nora e aos seus netos, malia seren os descendentes dun seu ?llo ilexítimo froito dun amor de xuventude. A pesar dos modos brutáns e da expresión seca do vello, hai nel, no fondo, unha certa dignidade e nobreza de espírito, valores dos que carecen outros personaxes presentes no texto. A presente obra publicouse orixinalmente en 1918 como unha das cinco partes integrantes da compilación Five Tales, e dous anos máis tarde en volume exento. Cun gran dominio da técnica e cunha linguaxe desprovista de arti?cios, John Galsworthy compendia nesta novela curta gran parte dos temas que trataría por extenso en The Forsyte Saga: unha visión crítica da burguesía, un fondo interese polas ambicións persoais e o compromiso e, en materia de xustiza, a constatación dunha dobre vara de medir en función da clase social. A tradución é de Antía Veres.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.