O curioso mundo das persoas normais

O curioso mundo das persoas normais

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria
Autor: Xosé Monteagudo Folgar
ISBN: 9788498654592
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 136

14,20 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

O autor de Un tipo listo, Premio García Barros 2009, debrúzase nesta nova novela na realidade contemplada por un personaxe condenado a unha existencia moi diferente á habitual. Porque, cando os actos cotiáns responden a motivos absurdos, a normalidade convértese no máis sorprendente. Cunha boa dose de humor e ironía a última novela Xosé Monteagudo vai descubrindo devagar os múltiples paradoxos da existencia. Nun relato que percorre boa parte da historia do século vinte a través da mirada dun personaxe singular no que a tenrura convive coa agudeza e as limitacións do corpo coa liberdade máis furiosa do pensamento. A novela está inspirada nunha historia real acontecida en Pontevedra mais non é esa mesma historia exactamente, tal como explica o autor ao final do libro: “En abril do 2010 diversos medios de comunicación deron a noticia de que un enfermo de 79 anos de idade acababa de falecer no Hospital Provincial de Pontevedra. A persoa en cuestión non tivera vida pública. O sorprendente do caso (e o motivo polo que a nova saltou aos medios) era que o falecido pasara os últimos setenta e sete anos da súa vida confinado entre as paredes do Hospital Provincial de Pontevedra.” Ata aquí os trazos fundamentais da persoa na que está inspirado o personaxe principal de O curioso mundo das persoas normais, segundo conta o autor na nota final da novela, que parte desta historia real para contar unha historia de ficción a través da cal a realidade se contempla dun xeito diferente.A nova novela de Xosé Monteagudo conta unha historia sorprendente, a dun home que pasa toda a súa vida pechado no cuarto dun hospital.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O curioso mundo das persoas normais”