Tenro diálogo entre un pai e un fillo na escuridade do cuarto, pouco antes de durmir , que fala da capacidade dos nenos para conseguir que a persoa adulta recupere a emoción e a fantasía da súa etapa infantil pasada. Estampa nocturna que lembra tamén o amor incondicional aos fillos. Dende o punto de vista infantil destaca a busca da protección do adulto, que calma o medo á noite e ao descoñecido; a presenza física e a voz enchen ese baleiro. Tamén se plasman os continuos “por que” dos nenos que expliquen o mundo e a contorna cambiante e insegura que os rodea.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.