En xullo de 1939, tras vivir nove anos en París e ante a ameaza da inminente invasión de Francia pola Alemaña nazi, Henry Miller acepta o convite do seu amigo Lawrence Durrell e parte para Corfu, Grecia, onde este reside. Ata o 27 de decembro dese mesmo ano, cando regresa aos Estados Unidos por orde das autoridades norteamericanas, percorrerá o país e entrará en contacto coas súas xentes. “O coloso de Marusi”, escrito en 1940 en Nova York, é un diario inclasificable desa descuberta de Grecia e dos gregos, unha mestura de reflexións e descricións (de persoas e paisaxes), entre o poético e o prosaico, salpicado, por contraste, de críticas feroces a todo o que o autor detesta do seu país, e que suscitará en quen o lea hoxe fascinación e sen dúbida tamén, nalgunha pasaxe concreta, rexeitamento, pero, sobre todo, é unha lectura que deixa pouso vivo e fermentable. A tradución é de María Alonso Seisdedos.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]

Reseñas
Aínda non hai valoracións.