Esta é a biografía dun carpinteiro de carros do país nas terras de Ortigueira.
Da súa man, viaxamos no tempo ao último cuarto do século XIX e, nun avance demorado, facemos un máxico percorrido pola Galicia das reivindicacións agraristas para, finalmente, achegármonos e observar nas nosas costas algúns episodios que alí sucederon na Segunda Guerra Mundial.
Nestas memorias, co poder suxestivo da palabra de Narciso Luaces, recuperamos a infancia, participamos directamente na sega e na malla, xogamos libres polas corredoiras, descubrimos un mundo de ilusións nas feiras… Todo contado coa espontaneidade, a frescura e a riqueza léxica de Narciso Luaces, un labrego que leva no sangue a inmensa forza desta terra.
O carreiro. Memorias do tío Santos
Sé o primero en valorar “O carreiro. Memorias do tío Santos” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.