O caranguexeiro

O caranguexeiro

O caranguexeiro, publicada por entregas na revista Senki entre os meses de maio e xuño de 1929 e apenas un trimestre máis tarde como volume exento, está considerada unha das obras canónicas da literatura proletaria. Malia tratarse dun texto breve, destaca a potencia coa que Kobayashi reflicte a desvalorización e o maltrato das clases traballadoras, un feito que daquela lle supuxo a intervención da censura, que mesmo chegou a prohibir a obra; no entanto, anos despois, esa mirada contestataria sería clave para atraer o interese de lectores e lectoras de todo o mundo, unha vez que se traduciu a decenas de linguas. O punto de partida para a historia é sinxelo: no xélido marco do mar de Okhotsk, Asakawa, o cruel superintendente dun barco factoría, o Hakko Maru, explota con modos ruíns a súa numerosa tripulación, que sofre severos castigos e represalias. En consecuencia, e a pesar da vixilancia dun buque patrulla da mariña imperial, xorde entre os homes de mar a posibilidade dun motín. A novela de Kobayashi coñeceu distintas versións teatrais e cinematográficas e foi adaptada como manga, sempre con grande éxito de crítica e público. Boa parte do seu atractivo radica se cadra na fácil translación da historia a case calquera contexto de abuso e precariedade laboral. Así se explica, por exemplo, o boom de vendas que experimentou no Xapón tras o crac financeiro de 2008.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Tajiki Kobayashi
ISBN: 9788412128048
Edición: 1ª xullo 2020
Páginas: 118

14,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

O caranguexeiro, publicada por entregas na revista Senki entre os meses de maio e xuño de 1929 e apenas un trimestre máis tarde como volume exento, está considerada unha das obras canónicas da literatura proletaria. Malia tratarse dun texto breve, destaca a potencia coa que Kobayashi reflicte a desvalorización e o maltrato das clases traballadoras, un feito que daquela lle supuxo a intervención da censura, que mesmo chegou a prohibir a obra; no entanto, anos despois, esa mirada contestataria sería clave para atraer o interese de lectores e lectoras de todo o mundo, unha vez que se traduciu a decenas de linguas. O punto de partida para a historia é sinxelo: no xélido marco do mar de Okhotsk, Asakawa, o cruel superintendente dun barco factoría, o Hakko Maru, explota con modos ruíns a súa numerosa tripulación, que sofre severos castigos e represalias. En consecuencia, e a pesar da vixilancia dun buque patrulla da mariña imperial, xorde entre os homes de mar a posibilidade dun motín. A novela de Kobayashi coñeceu distintas versións teatrais e cinematográficas e foi adaptada como manga, sempre con grande éxito de crítica e público. Boa parte do seu atractivo radica se cadra na fácil translación da historia a case calquera contexto de abuso e precariedade laboral. Así se explica, por exemplo, o boom de vendas que experimentou no Xapón tras o crac financeiro de 2008.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O caranguexeiro”