É o tempo da posguerra, tempo de miseria e desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non hai mondas porque os ricos nos as tiran, gárdanas para cear cun chisco de aceite. Non é así en Vilaveiga ?unha aldea morriñenta de montaña?, onde teñen mazás a rego cheo para dar alivio a bandullos de xente e animais: reinetas, mazás de sidra, riscadas, con becho, sen becho, amarelas, verdes e ata golden. Chegado un momento, na aldea comezan a suceder unha serie de acontecementos que fan espernexar até a mesma terra: Henrique “o do estraperlo” trae consigo unha escolma de libros, unha familia de herexes protestantes alugan a casa grande, e Adelaida, unha neniña con anemia, aprende a ler.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.