Novo diálogo Achegas á obra plástica de Castelao

Novo diálogo Achegas á obra plástica de Castelao

18,95 

No 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) en Bos Aires, este volume céntrase na súa contribución ás artes plásticas, nas que destacou como creador dunha arte galega moderna, cun estilo orixinal que combinou o debuxo satírico cun fondo compromiso ético e político. A súa obra denuncia a inxustiza, o caciquismo, a emigración ou o racismo, mais faino sempre a través dunha coidada construción visual. Esta obra reúne dous estudos complementarios: «Dar forma á diferenza», que ofrece unha visión sintética da obra de Castelao ata a Guerra Civil, e «Novo diálogo», centrado nos seus Debuxos de negros e na súa mirada solidaria cara a poboacións racializadas. «Ambos textos reflexionan sobre a forza expresiva dunha obra que une cultura popular e compromiso político, e que segue a ser esencial para entender o noso pasado e presente», di a editora

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Novo diálogo Achegas á obra plástica de Castelao”