Literatura gótica e precursora da temática vampírica, pois é anterior, en 17 anos, ao Drácula do dublinés Bram Stoker. Nunha pequena aldea serbia, Radojka, a filla do kmet Živan Dušman, está en tratos cun mozo, Strahinja. Porén, o amor que xorde entre ambos non abonda para que o pai dela acepte dala en matrimonio. A raíz desa negativa, o home novo marcha ver mundo e axiña sabe que na aldea veciña teñen un serio problema coa xestión do muíño, pois, un tras outro, aqueles que ocupan o posto de muiñeiro acaban mortos. Entra entón en xogo o vampiro, cuxa confrontación co destemido Strahinja desencadeará unha espiral de fantasiosos sucesos. A obra constitúe así mesmo un curioso testemuño de época, en tanto que reflicte con acerto diversos elementos da mitoloxía e do folclore balcánicos na súa fonda relación cos vampiros. Traducido do serbio por Jairo Dorado.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.