Este proxecto naceu e medrou sempre cunha dobre finalidade; en primeiro lugar, cultural e artística, pois se trata dun traballo eminentemente creativo, onde se mesturan disciplinas relacionadas coa poesía, o video, a pintura, a fotografía e a música. O punto de partida sobre o que se sustenta esta proposta é un poemario aberto á hibridación de diversos medios de expresión, pero cunha temática única, clara e definida: a enfermidade mental. Esta edición recolle sete composicións, cinco delas en versión dobre para, entre outros obxetivos, facilitar a adaptación musical de Miro Casabella, o autor da banda sonora do documental que complementa este libro, unha curtometraxe de Aser Álvarez para Arraianos Producións co montaxe de Antón Ramos. Pero, ademais da dimensión artística, este proxecto ten unha dimensión social moi vinculada ao ámbito da saúde mental e ao seu proceso de superación, un termo, este de superación que en psiquiatría non equivale a curación, senón a prevención, normalización, recuperación e integración, un proceso que aquí se materializa nun caso concreto, o de Antonio Tizón, que biografía sen eufemismos, con sinceridade, o trastorno bipolar que padece. E ofrécenos a súa testemuña coa intención de que resulte estética e utilitaria á vez, unha historia de superación contada para el mesmo, para todas aquelas persoas que son coma el e para a sociedade enteira.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.