Non é unha caixa, é unha cidade

Non é unha caixa, é unha cidade

16,29 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Tras “Non é unha caixa”, chega este outro álbum de Antoinette Portis sobre o valor da creatividade, a colaboración e o traballo en equipo. O pequeno coello quere construír unha cidade de cartón. Amorea unha caixa enriba doutra e non quere axuda de ninguén: nin da alta xirafa nin das pequenas e fortes formigas, nin sequera do camaleón, excelente pintor. As imaxes de Antoinette Portis, compostas por figuras debuxadas a man e anacos de caixas recicladas de diversos tamaños, están cheas de detalles: edificios de equilibrios imposibles, ringleiras de pequenas formigas que transportan caldeiros de pintura, rechamantes cores a medida que o cartón se pinta, se corta e se pega formando un divertido conxunto urbano… En tradución de Chema Heras e Pilar Martínez.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Non é unha caixa, é unha cidade”