Doce ovos, todos de diferentes tamaños, cores e texturas e, en cada un, unha criatura a piques de nacer. Ao principio, o interior da casca é un lugar cómodo e seguro pero o espazo mingua a medida que os animaliños medran. Ata que chega o emocionante momento de nacer! O pitiño, o parrulo, a tartaruga, o crocodilo… unha ducia de especies ovíparas- entre aves, mamíferos e réptiles- habitan neste libro divertido e enxeñoso no que é necesario prestarlles moita atención ás ilustracións. Nelas está a chave para comprender o sentido do texto, breve, sinxelo e enigmático. Cómpre identificar cal dos personaxes é o narrador da historia, por que motivo van faltando animais a medida que avanzan as páxinas.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.