Nicomedes non atopa ningunha solución óptima para a súa prematura calvicie: a cada alternativa á frondosa cabeleira roxa que lucía, xorde un inesperado e molesto inconvinte, cada cal máis absurdo. De súpeto, comezan a subirlle á cabeza un peiteador, unha parella de bailaríns, unha avoa afeccionada á calceta… Pero afortunadamente antes de que acabe perdendo a paciencia -e o caletre-, ocórreselle unha idea moi práctica.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.