Nicolás vai á biblioteca (BATA)

Nicolás vai á biblioteca (BATA)

16,00 

1 dispoñibles

Un novo título en galego da colección Makakiños ‘Día a día’, adaptado ao sistema SPC de pictogramas, no que se pode visitar unha biblioteca inclusiva da man de Nicolás. A colección Makakiños é unha iniciativa de Kalandraka en colaboración coa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar a lectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar a inclusión de todas e todos. “Nicolás vai á bi­blioteca” amosa as múltiples posibilidades que ofrecen estes espazos e os diferentes materiais que están a disposición do público, ademais de mostrar­ como funciona o servizo de préstamo. De tons alegres e luminosos, as ilustracións de Alicia Suárez destacan polo seu carácter lúdico e a expresividade dos personaxes; son claras, perfectamente asociadas ao texto e nas que se aprecian ata os máis pequenos detalles para facilitar a súa comprensión. En tradución de Iago Nicolás.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Nicolás vai á biblioteca (BATA)”