Nazismo e clase obreira, 1933-1993

Nazismo e clase obreira, 1933-1993

20,88 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

O autor estuda o papel da clase obreira nos anos anteriores e posteriores á toma do poder nazi. Ao analizar as condicións de vida das persoas traballadoras e os acontecementos máis cruciais do período (dende o masacre obreiro de Berlín en 1929 até a historia das bandas de rúa xuvenís antinazis e as redadas das SA nos bares obreiros dos suburbios) o libro desmonta o xuízo tradicional da historiografía, segundo o cal a clase obreira e o proletariado alemán inclináronse perante Hitler sen opor ningunha resistencia. Unha visión substancialmente inxusta, que non ten ningún respecto pola realidade, a dicir do autor. A loita antifascista era un obxectivo real e concreto perseguido polas organizacións obreiras alemás, malia todas as limitacións que padecían por insuficiencia de medios para tal fin. Contra elas, o nazismo desenvolverá diversas e complexas estratexias de “entrismo” para separar os intereses de clase, dividir as conciencias e, en última instancia, desgarrar o tecido da clase traballadora.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Nazismo e clase obreira, 1933-1993”