“Esta viaxe ao Brasil comezou moitos anos atrás, cando de neno acubillaran no meu caletre tres misterios. Tres enigmas que viñan alén do inmenso océano. O primeiro chamábase Pao de Açúcar, o esvelto miradoiro empoleirado coma unha estatua xigante na baía do Río de Xaneiro. O segundo era que un país tan grande fose bautizado co nome dunha árbore cativa, o pau brasil, tal como coñecían os indios tupís unha planta que pola calidade da súa madeira e a resina vermella se empregara para tinxir teas e fabricar mobles delicados. O terceiro misterio xurdira cando ouvín na miña infancia a verba pernambuco, que significa “buraco no mar”, asociada a un lugar remoto e descoñecido”.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.