O destemido Ángel Alcalá Llach ofrece a crónica do seu percorrido vital, dende a súa nacenza até acabada a guerra civil. Nado en Valencia na década de 1920, no seo dunha familia de ideas liberais, igualitarias e anticlericais, axiña vive en Madrid o entusiasmo da proclamación da II República. Xa adolescente, observa como o seu soño de igualdade se esfarela e remata no campo de concentración de Saint-Cyprien. A novela retrata con pulso certeiro os valores republicanos cun estilo literario sobranceiro e áxil, sen eufemismos, a partir das lembranzas e apuntamentos do pai da escritora, Vicente Alonso Duch, álter ego do protagonista. En tradución do francés de Xabier Ron e Isabel Soto

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.