Monsieur Maurice

Monsieur Maurice

14,50 

1 dispoñibles

Publicada orixinalmente en 1873, a obra está ambientada na Prusia posnapoleónica. A acción principal desenvólvese nun palacio rexio en Brühl, a onde por orde ministerial trasladan un prisioneiro para que fique baixo a custodia do coronel Bernhard, o novo intendente. A raíz dese feito, a filla única do mandatario establece case de inmediato unha intensa relación afectiva co reo, de exquisitos modos e rico pasado cuxa identidade supón un enigma. A obra figura en diversas antoloxías como ghost-story inglesa, pero parece conveniente lela máis como unha historia psicolóxica de devoción e namoro infantil, e non tanto como unha novela curta de terror ou pantasmas. Narrada cun estilo depurado e dotada dunha moi atractiva carga histórica, cóntase entre o mellor da produción literaria da prolífica Amelia B. Edwards. A tradución dende o inglés é de Alejandro Tobar.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Monsieur Maurice”