Meridiano orixe

Meridiano orixe

19,66 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Versos e imaxes, palabra e cor. Exipto, Vietnam, a India, Porto, Chipre, Romanía, Compostela ou Carril. Son algúns dos espazos visitados e convertidos en poemas e fotografías por Andrea F. Maneiro. A maxia habita nas esquinas do mundo e a autora atopouna nos momentos sinxelos da vida. “Meridiano Orixe” é un libro de viaxes que percorre medio mundo abandeirando o verso e captando ese intre fotográfico fuxidío de rostros e paisaxes. “Andrea non é poeta, é perfumista. Só ela podería trenzar unha ruta da seda cunha senda das especias e que funcionase como o trazado dunha espiña dorsal sinestésica. Columnata meridiana”. Emma Pedreira, no Limiar.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Meridiano orixe”