Este libro recolle os testemuños de dez mulleres de distintos puntos de Galicia que, contando a súa vida, destripan a realidade do matriarcado que sostiña a sociedade galega da posguerra.
As súas verbas achégannos lembranzs doutros personaxes, memoria viva da Galicia da metade do século pasado, doutras paisaxes, doutros costumes e mesmo de fitos históricos que elas lembran en primeira persoa. As dez son moi distintas entre elas, mais úneas un nexo común: a teima con que sacaron adiante o seu traballo e as súas familias a pesar dos avatares que lles tiña deparado o destino. Na maioría dos casos non son as máis significadas da súa época pero sen dúbida son moi representativas desas mulleres que sustentaron a matriarcal sociedade galega, das grandes esquecidas do seu tempo ás que este libro pretende dar voz.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.