Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou -ironicamente- “mala feminista”, recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto
de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autocrítico e consciente do papel da muller -así como da súa relación cos homes e coas demais mulleres- nos nosos días, a través da súa propia experiencia e das dinámicas políticas e culturais recentes. O feminismo, como a humanidade e a vida, é imperfecto e a autora propón aceptar todos os seus matices. En tradución de Mª Fe González Fernández.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.