Alonso Montero lembra que só o nome -o mero nome- de Antonio Machado provocaba aversión na España máis oficialista de 1940. Foi necesario que un falanxista culto, “liberal” e, daquela, con moito prestixio intelectual, escribise un prólogo para que se puidesen reeditar en 1941 as Poesías completas, volume que non incluía os poemas do período bélico (elexía a Lorca, soneto a Líster). Os falanxistas “liberais”, deste xeito, evitaban que a España “vermella” do exilio monopolizase un nome tan glorioso. Este libro é tamén a crónica comentada das homenaxes públicas organizadas en España desde 1959, celebracións nas que a oposición a Franco botou un pulso ao Réxime.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.