Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren. Lúa é cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño. Mais chega un momento en que a vida a pon diante dos seus medos, das súas dúbidas, do seu futuro… Os cambios sempre asustan, tamén a Lúa, que ata agora se atreveu con todo. Cunha historia tenra e conmovedora, Irene Montero invita a reflexionar sobre a discapacidade e propón unha percepción da realidade cunha ollada diferente, máis aberta, máis inclusiva e máis respectuosa.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.