Carlos Fabián González, capitán da policía de Bos Aires, debe realizar unha obrigada viaxe á Galiza por mor da morte do seu irmán Mauricio. Chegado á bisbarra interior na que este exercía como médico rural, unha serie de indicios lévano a pensar que o accidentge de coche que lle levou a vida a Mauricio se cadra no foi casual. Todos os personaxes cos que se vai atopando guindan máis sombras que luces e, de fondo, sempre ferindo a paisaxe, a omnipresente mina de lousa arredor da que todo vira nese lugar illado: o traballo, a propiedade da terra, o diñeiro e mesmo a política.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.