Obra cimeira da literatura galega do século XX, na que Anxo A. Rei Ballesteros traballou durante dez anos. É unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor. Escrita nunha prosa espléndida, o autor preserva a emoción, une harmonicamente a comedia e a traxedia, e difunde humor ás carradas. Esta edición ao coidado de Manuel Castelao Mexuto corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira de 1992 e suxire unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal torna un texto tradicionalmente considerado difícil nunha novela fascinante, a mellor recreación artística do mundo estudantil de Compostela nos anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.