É a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galicia. Descobre que alí levita e para el será a Terra da Felicidade. No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, onde algúns veneran a Alemaña triunfante, abrolla un tenue amor entre Ákira e Isaura, filla daqueles galegos, sobrevoando as abismais diferenzas culturais que o xaponés enfronta con valorosa vontade. No medio interponse, acaparador, Cholo, irmán da rapaza, un falanghista convencido, aproveitado, chupón e lacazán, tan xermanófilo como para seguir ao minuto a visita do xerarca nazi Himmler.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.