“Son 36 lendas que fixen en 36 novas cancións”, segundo explica Emilio Rúa nun pequeno texto inicial no que reivindica a necesidade de preservar e transmitir esta parte do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego. Falan da peneda Wanda, o castro de Marcelle, a cova das Choias, a trabe de ouro e a de alcatrán, a xacia de Santo estevo de Chouzán, a Maruxaina, o mozo e a cobra da Illa de Ons, o lago de Doniños, entre outros temas. Un libro disco con fotografías de diferentes lugares que representan de xeito simbólico estas lendas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.