Unha das tarefas dos prescritores de literatura infantil é a de unir esforzos para garantir que todos os nenos e nenas accedan á lectura en igualdade de condicións, sobre todo, á lectura como fonte de pracer. Pero non toda a rapazada ten as mesmas capacidades. A miúdo pensamos na inclusividade como unha utopía, como un ideal que custa moito conseguir por falta de recursos materiais, humanos e económicos. Queremos romper con estes tópicos e concienciar do poder que temos os profesionais e as familias para contribuír á inclusividade plena. A maneira como tratamos ás persoas con discapacidade pode marcar unha diferenza na súa vida como consecuencia diso, na nosa sociedade. Os pequenos cambios xerámolos cada un de nós.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.