Galaxia publicou en 1978 este método para gaita de Enrique Otero Covelo (Vigo, 1930-2013), coñecido como de O Gaiteiro do Frago, que se completa co cuarto curso, rexistrado por Otero en 1980, mais inédito para o público. Esta metodoloxía, próxima a facer o medio século de existencia, marcou un fito nas edicións pedagóxicas da música galega e da aprendizaxe da gaita galega en particular. Enrique Otero foi o primeiro gaiteiro da tradición en realizar unha proposta semellante xuntando os seus coñecementos e experiencia como músico da Banda Municipal de Vigo, onde tocaba o bombardino, coa súa militancia na tradición musical en grupos da contorna, pero recoñecidos en Galicia enteira, como Os Cruceiros. Entre outras están pezas tan senlleiras coma “Alborada de Pontecaldelas”, “Muiñeira de Chantada”, “Marcha doantigo Reino de Galicia”, “Foliada de Monforte” e “Foliada de Tenorio”.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.