Paco López-Barxas engade a súa ampla experiencia profesional como xornalista a condición de filólogo, crítico literario e escritor. As súas entrevistas son “pezas substantivas” a dicir de Darío Villanueva, autor do prólogo desta edición, na que se recollen conversas con Julio Cortázar, Vargas Llosa, Mario Benedetti, Ernesto Cardenal, William M. Sherzer, Carolyn Richmond, Francisco Ayala, Dru Dougherty, Cardoso Pires, Camilo José Cela, Eugenio F. Granell, Cruzeiro Seixas, Iván Tovar, Claudia Piñeiro, Pere Ginferrer, Antonio Gamoneda e Nélida Piñón. O repertorio de temas tratados é tamén moi suxerinte: o poder, a política e a literatura, o compromiso do escritor, a represión e o exilio, o surrealismo e o neorrealismo, entre outros moitos.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]