Máis dunha trintena de accións e de emocións represéntanse, por parellas e de xeito confrontado, neste libro visual de Tomi Ungerer. As únicas palabras que contén son as que identifican cada ilustración: rir – chorar, amar – compartir, ver – mirar, cantar – bailar… Trátase dunha obra pensada en especial para os máis cativos, na liña de títulos anteriores como «Onde está o meu zapato?» e «Caracol, onde estás?», que se remontaban á década de 1960.
«Isto e aquilo» foi a súa publicación definitiva, a proba
de que continuou traballando practicamente ata os derradeiros días de vida demostrando que nunca perdeu o neno que fora,
nin a capacidade do asombro propia da infancia. Afeccionado
a establecer chocantes relacións entre palabras e imaxes,
os debuxos reflicten o seu sentido do humor, natural e sen filtros, a picardía e o sentido lúdico. O autor presenta así un xogo
de contrastes sorprendentes, un exercicio creativo moi especial que, lonxe de subestimar a intelixencia dos meniños
con obviedades, representa un desafío á imaxinación
e estimula a súa capacidade interpretativa a base de diversión, enxeño e dozura.
Isto e aquilo

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Tomi Ungerer
ISBN: 9788413430416
Edición: Novembro 2020
Páginas: 40
16,00 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé o primero en valorar “Isto e aquilo” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.