O galardoando ilustrador Grady Klein asociouse con Yoram Bauman para eliminar o deprimente dunha ciencia deprimente. Desa alianza naceu un libro no que en 236 páxinas se fai unha introdución á microeconomía dun xeito dixerible e divertido. Esta edición en galego ten contidos que non figuran na inglesa: inclúe un bestiario ou glosario cos economistas que aparecen no texto de Bauman (por exemplo, economisas clásicos e Premios Nobel), e unha pequena explicación das súas principais aportacións. A tradución fíxose como actividade de innovación docente dentro do grupo GRETTEL da Universidade de Vigo e coordinárona os profesores Marta García e Eduardo L. Giménez.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.