Emilio Navaza é un veterano xornalista deportivo (e ex atleta). A partir de 23 singulares historias esta obra rescata algúns dos nomes e as competicións máis destacadas dun deporte cuxos valores son a constancia, o esforzo e a superación. Unha viaxe aos tempos do Comesaña Sporting Club de Vigo en 1915, o máis antigo de Galicia; ou ata os inicios do pedestrismo, nos anos 70 do pasado século, coa carreira popular de Santiago de Compostela como emblema, nacida en 1978 e impulsada precisamente polo propio Emilio Navaza. Tamén un reencontro con tres mulleres galegas pioneiras no atletismo español: Nela Souto, Natacha Astray e Luisa María García Pena.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.