Hans é unha homenaxe ao danés universal H. Ch. Andersen construída a partir dunha parte das súas historias máis coñecidas, a través dunha viaxe imaxinaria ao País dos Contos. En palabras de Javier del Sastre, “ Hans é un neno que soñou con ir ao País dos Contos, un país onde vive un señor moi maior, o señor Andersen… Naquel prodixioso lugar, todos os personaxes andaban inquietos e alarmados. Uns dicían que Hans sería o señor Andersen cando fose maior; outros, que o señor Andersen foi Hans sendo neno; algúns non dicían nada, preferían ler contos á sombra dun vello carballo…” Ilustracións de Susana Suliaga.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.