Guía das plantas de Galicia

Guía das plantas de Galicia

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Xosé Ramón García
ISBN: 9788411103558
Páginas: 664

55,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Imprescindible para o coñecemento básico da actual flora de Galicia. O libro comeza cunha introdución xeral que trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades que ofrece Internet e nocións de xeoloxía. Contémplase a normativa legal actualizada sobre protección dos hábitats naturais e a listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, que inclúe o “Catálogo galego de especies ameazadas”, así como o “Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España”. Ademais, en cada especie tratada indícase a categoría con que pode estar no devandito catálogo, así como a posible consideración de invasora pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Logo, aborda a obra as claves que permiten a determinación ata o nivel de especie ou subespecie, para entrar nas fichas descritivas dos 1715 taxons (a maioría dos que existen en Galicia), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos máis habituais, nomes populares en galego, castelán e inglés, descrición -con
especial atención ás características que teñen valor diferencial-, hábitats máis habituais e fenoloxía da floración. Ademais, 1493 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou datos relevantes para a súa identificación. A obra remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados, unha bibliografía básica e un completo índice
alfabético.