Nunha España de cor sepia e recendo a sotanas, en 1963 nacen a Fundación Penzol, a revista GRIAL e o Día das Letras Galegas. Dúas voces experimentadas, Xosé Manuel Dasilva e Francisco Domínguez, achegan aspectos diferentes da Fundación Penzol. A xornalista cultural Ana Abelenda deita a súa ollada sobre o Día das Letras. En diálogo coa escritora e académica María López Sández, Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo e Xosé Manuel Soutullo conversan arredor dos 60 anos da revista GRIAL. Este número cun mollo de interesantes traballos, entre outros un de Minia Monteagudo Vilavedra arredor dos desafíos que formula a intelixencia artificial.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.