Este volume reúne nove estudos de prestixiosos historiadores luso-galaicos que participaron, durante os días 17 e 18 de outubro de 2019, no seminario Gañar a Vida; salvar a Vida: traballadores e exiliados galegos en Portugal ( XVII- XIX), organizado polo Grupo de Investigación de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela. Recolle a experiencia de máis de catro décadas de investigación en común sobre a migración galega a Portugal, á vez que se trazan futuras liñas de traballo sobre a mobilidade das xentes do Noroeste. Con textos de Camilo Fernández Cortizo, Mª de los Ángeles Verea, Aurora Botão, Eduardo Pires, Manuela A. Pereira, Jorge Fernandes, Domingo L. González Lopo e Hortensio Sobrado .

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.