“Ao seu xeito rebelde” -como el mesmo consideraba a súa actitude vital-, Francisco Fernández del Riego proxecta unha luz inmensa sobre a cultura galega contemporánea, como intelectual, editor, ensaísta e activista. Este libro pon o foco na súa traxectoria como líder dun efervescente movemento estudantil durante os anos de entusiasmo republicano, especialmente nunha das tarefas en que máis se empeñou: a galeguización da Universidade. Con moi interesantes achegas de Camiño Noia, Alonso Montero, Freixanes, Ramón Nicolás, Xosé M. Salgado e Henrique Monteagudo, focaliza dun xeito especial, recuperando nunha excelente escolma crítica unha manchea de textos de prensa, os anos universitarios dun mozo del Riego, entusiasta activista a prol da galeguización da Universidade durante a II República.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.