O conto de Floris e Brancaflor traza un universo diferente ao das cancións de xesta ou do amor artúrico e cabaleiresco, precedendo á novela bizantina e -de lonxe- ao amor romántico e inocente. A historia comeza nunha Galiza asolada por unha razzia musulmá, mais non será o único vencello co noso país que suxire o relato. O editor Jean-Luc Leclanche estabeleceu en 2003, mediante a comparación dos diferentes manuscritos do Conto de Floris e Brancaflor, o texto comunmente aceptado hoxe, que é o que segue a editora para a tradución ao galego de Henrique Harguindey Banet.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.