Desde este traballo, Xesús Alonso Montero achega a nobre obra literaria e a biografía na terra, na guerra e no exilio de Florencio Delgado Gurriarán, moi condicionada por acontecementos adversos, diante dos que o poeta mantivo sempre ergueita a súa dignidade e o seu compromiso cos ideais que abrazara de mozo. Coa súa poética cantou a paisaxe e os froitos báquicos de Valdeorras, e desde a súa preocupación polo idioma tamén se debruzou sobre el para compoñer unha serie de sentidos poemas sociolingüísticos, insólitos no seu tempo, á vez que cultivou a sátira e os poemas elexíacos.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.