Filla das ondas

Filla das ondas

20,00 

2 dispoñibles

Unha forma diferente de coñecer Pontevedra, a súa historia, lendas e o patrimonio, a través do misterio e da aventura. Froiaz detesta Pontevedra, onde acaba de mudarse coa súa familia. Na noite de San Xoán escoita unha voz que canta cerca da súa xanela: era Mariña, unha nena con quen percorre a cidade baixo a lúa chea. Ela é capaz de facelo invisible ou transportalo a través do espazo e do tempo para coñecer a moitos dos personaxes que poboaron a cidade: Méndez Núñez, Benito Soto, Manuel Quiroga ou Castelao, entre outros. Pero Mariña garda un segredo: debe mollarse a cada pouco con auga salgada se non quere converterse en pedra. Fina Casalderrey, unha das escritoras máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega, galardoada co Premio Nacional de Literatura e candidata ao Premio Astrid Lindgren, achega a historia e o patrimonio da súa cidade natal a través da mirada de asombro da infancia. Unha aventura divertida e trepidante que conta coas ilustracións do grande artista plástico Xosé Cobas, que recrean os diferentes espazos urbanos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Filla das ondas”