En Feminismo en cen palabras, Luca Chao quere facer un convite ao pensamento, unha modesta introdución a unha forma concreta de mirar e nomear o mundo. Un achegamento a un corpus teórico mínimo, esencial, que facilite a comprensión de certos conceptos básicos da teoría feminista. E tamén unha invitación a ir máis alá, a aventurarse nas teorías e nas autoras que se mencionan, unha porta sempre aberta á discusión. Luca Chao (Lugo, 1988) é licenciada en Ciencias Políticas, especialista en Migracións Internacionais e doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento cunha tese sobre a Lei da Memoria Histórica e a participación política dos descendentes do exilio republicano español.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.