Hai máis de 2.500 anos que o escravo Esopo, un famoso personaxe da Grecia clásica, escribiu as súas fábulas, que foron documentadas por figuras senlleiras como o historiador Herodoto, o filósofo Platón e o comediógrafo Aristófanes. Desde entón, estas breves e exemplares historias protagonizadas principalmente por animais personificados que falan, foron difundíndose ao longo dos séculos en todas as linguas e por todo o mundo.
Este libro reúne unha selección dos textos máis coñecidos deste autor, presentados cun estilo narrativo actual e literario para que o público infantil se achegue ás fábulas na nosa lingua
e manteña viva a memoria dun xénero que lle aportou moito á literatura galega e universal.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.