Todas as noites, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual. Fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas. A través dos recordos da avoa e das preguntas que fan as nenas abórdanse temas como o coñecemento e respecto polas tradicións, a importancia do esforzo, a valoración da lingua galega, a igualdade de xénero, o compañeirismo, a tolerancia, a xustiza, a paz, o coidado do medio ambiente e o fomento da lectura. Con ilustracións de Dani Padrón.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]