Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV

Ao que ten de fascinante que alguén emprenda unha viaxe a Terra Santa no século IV, engádenselle as calidades dunha muller da Gallaecia, afoutada, intelixente e prudente, que se move guiada polo seu desexo.
Consciente dos límites impostos, Exeria recolle para as súas compañeiras todo o que vai descubrindo, para amosar a realidade eclesiástica dun tempo e poñer en evidencia os fondos dunha Igrexa con grandes limitacións para as mulleres, presentes aínda hoxe en día. Como arqueólogas da memoria, Marisa Vidal e Sole Pite recompoñen un dos referentes femininos da historia, á vez que achegan unha lectura feminista dunha viaxe no século IV. Marisa Vidal Collazo (Corme, 1966) é cristiá e feminista. Profesora de Química, forma parte da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria e do consello de redacción da revista Encrucillada. Entre os seus intereses está visibilizar as achegas das mulleres á Teoloxía. Soledad Pite Sanjurjo (Cacheiras, Teo, 1955) é artista plástica. Con diversidade de técnicas amosa unha ampla linguaxe expresiva con obras que van desde o debuxo, ilustración e pintura ata a escultura e a poesía. Sole e Marisa coincidiron nos anos oitenta como profesora e alumna no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Vinte anos despois vólvense atopar na revista Encrucillada, que as une en amizade tras as pegadas de Exeria.

Editorial: Editorial Galaxia
Autor: Marisa Vidal Collazo
ISBN: 9788491518013
Edición: Marzo 2022
Páginas: 132

19,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Ao que ten de fascinante que alguén emprenda unha viaxe a Terra Santa no século IV, engádenselle as calidades dunha muller da Gallaecia, afoutada, intelixente e prudente, que se move guiada polo seu desexo.
Consciente dos límites impostos, Exeria recolle para as súas compañeiras todo o que vai descubrindo, para amosar a realidade eclesiástica dun tempo e poñer en evidencia os fondos dunha Igrexa con grandes limitacións para as mulleres, presentes aínda hoxe en día. Como arqueólogas da memoria, Marisa Vidal e Sole Pite recompoñen un dos referentes femininos da historia, á vez que achegan unha lectura feminista dunha viaxe no século IV. Marisa Vidal Collazo (Corme, 1966) é cristiá e feminista. Profesora de Química, forma parte da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria e do consello de redacción da revista Encrucillada. Entre os seus intereses está visibilizar as achegas das mulleres á Teoloxía. Soledad Pite Sanjurjo (Cacheiras, Teo, 1955) é artista plástica. Con diversidade de técnicas amosa unha ampla linguaxe expresiva con obras que van desde o debuxo, ilustración e pintura ata a escultura e a poesía. Sole e Marisa coincidiron nos anos oitenta como profesora e alumna no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Vinte anos despois vólvense atopar na revista Encrucillada, que as une en amizade tras as pegadas de Exeria.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV”