Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas fuxe da inquisición de Castela) e mais polo seu pai a unha meiga da montaña de Lugo. Zeltia pasa por unha fase de aprendizaxe até que a meiga morre nun incendio e terá que fuxir iniciando unha viaxe a Compostela disfrazada de rapaz. Alí empeza unha nova vida e acaba coñecendo ao rei Filipe IV, co que iniciará unha relación de amor pasional. Texto de fácil lectura, cun punto de novela picaresca ao inicio que vai avanzando cara un relato de corte histórico, no que autora presenta diversas situacións de abuso de poder, inxustizas, feminismos e loita de clases. Con ilustracións de Montse Rubio.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]

Reseñas
Aínda non hai valoracións.